Páx. 24-25
O millo, o arroz e o trigo conforman máis do 50% do alimento consumido no mundo. Patentar estas plantas xenéticamente modificadas polas multinacionais é desacougante. A postura de ADEGA supón, entre outras propostas, a prohibición da introducción da soxa e do millo transxénicos en Galiza e a esixencia de estudios rigososos para o medio e para as persoas que proben a inocuidade destes alimentos.
Páx. 36-37
Na lexislación europea existe xa unha preocupación por regular, anque sexa mínimamente, os riscos de contaminación das augas por actividades agrarias. Na Galiza imos aínda algo por detrás no tema da concienciación e témonos que decatar de que o problema existe: o 54% dos pozos e manantiais non son potables.
Páx. 14-16
Existen alternativas ás concentracións parcelarias ás que estamos afeitos/as. Toda acción deste tipo debería como mínimo respetar os seguintes criterios ambientais:- conservación do maior número de árbores- respeto polas estructuras agrarias tradicionais.
Páx. 17-18
Análise que pretende encontrar un punto medio entre as dúas posturas encontradas sobre o tema da concentración parcelaria: por un lado, a posición da Administración que se debate entre unha postura ignorante e burócratica e, polo outro lado, as asociacións ecoloxistas que negan calquera relación da medida có progreso.
Páx. 25-26
No presente artigo, a modo de manual sinxelo, analízanse algúns dos aspectos de maior importancia práctica en relación coa realización de inxertos aplicados á recuperación de frutais autóctonos.