CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?
Páx. 18 - 19
Nos últimos anos, cando se comezan a ver as primeiras causas do cambio climático, comezase a investigar posibles formas de capturar todo ese CO2 emitido a atmosfera. Existen moi diversos métodos para lograr este fin, e Galiza pode ter varias posibilidades, máis non debemos consentir que, Galiza como a principal produtora de enerxías limpas: hidroeléctrica e eólica, ás que se lle pode engadir a solar xa que é a principal produtora de España de silicio, non ten porque converterse no acubillo de industrias sucias e contaminantes nin na exportadora neta, quer de enerxía, quer dun dos materiais máis necesarios para facer paneis fotovoltaicos.
CERNA Nº 64 - O impacto do cambio climático nas rías galegas
Páx. 29 - 31
Os desastres desencadeados polos riscos naturais non son máis que a manifestación do aproveitamento por parte da sociedade dos recursos da natureza. Un dos maiores perigos na área galega son os incendios forestais en época estival, aínda que non está exenta de outras ameazas tales como a exposición ao radón, actividade sísmica e riscos biolóxicos. Ante esta situación é necesario ter ben claro cales son os pasos que se están a dar para a súa prevención e xestión, sendo as políticas proactivas o mellor xeito de anticiparse aos feitos.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 12-13
A análise da composición do capital social das empresas eólicas adxudicatarias pon de manifesto a existencia dunha rede que as une. Os grupos empresariais da familia Entrecanales, Iberdrola ACS, Gas Natural Unión Fenosa, e EDP teñen a propiedade da meirande parte da potencia eólica instalada en Galiza.
CERNA Nº 65 - Os ríos: explorar para conservar
Páx. 14-15
A producción de enerxía eléctrica mediante o aproveitamento da forza do vento pasou de ser algo case anecdótico a converterse nunha actividade de grande importancia no noso país nun período moi curto de tempo. Desde o ano 1995 até a actualidade téñense instalado preto de 150 parques eólicos nos cumios dos nosos montes, localizados nun medio rural galego que conta con múltiples problemas. Baixo este contexto, o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo e a Fundación Juana de Vega poñen en marcha un convenio de colaboración mediante o cal se pretende prestar apoio aos propietarios de terreos eólicos para mellorar os resultados dos procesos de negociación coas empresas promotoras de parques eólicos.
CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos
Páx. 27
A Asemblea xeral das Naciones Unidas declarou o 2012 como ano internacional da Enerxía Sustentábel, como forma de compromiso contra o cambio climático e o deterioro ambiental do planeta. A nivel estatal, aprobouse recentemente o Plan de Acción Nacional de las Energías Renovables (PANER) 2011-2020, que prevé que a porcentaxe de enerxía de orixe renovábel na enerxía primaria pase do 10,7% en 2010 até o 17,8% en 2020. Este desenvolvemento centraríase na producción de electricidade (eólica, fotovoltaica, hidroeléctrica, biomasa...) e, en menor medida, no aproveitamento térmico (soltar térmica, xeotérmica, biomasa...).