Páx. 29
Cando as chamadas ao coidado e respecto á natureza discriminan partes dela, a vacuidade do seu significado contradí a esencia do ecoloxismo: o respecto a todos os elementos da natureza. A pesca sen morte (captura e solta dos peixes), defendida por pescadores conservacionistas, tamén implica un maltrato aos peixes.
Páx. 8
O colonialismo visíbel mutílate sen disimulo: prohíbeche dicir, prohíbeche facer, prohíbeche ser. O colonialismo invisíbel, en cambio, convéncete de que o servizo é o teu destino e a impotencia a túa natureza: convéncete de que non se pode dicir, non se pode facer, non se pode ser.Eduardo Galeano.
Páx. 43-44
Unha reflexión crítica para todos os escolares iraquís, orfos, mutilados, refuxiados, exiliados, sobrevivintes.
Páx. 45-46
Ocuparémonos nesta entrega e nalgunha das vindeiras, dunha figura pontevedresa algo esquecida pola nosa literatura: Xerardo Álvarez Limeses. Na súa obra, observamos un concurso e xornalismo literario, unidos a un fiel compromiso co país, tinguido dun aire modernista e católico. Mais tamén achamos moita sensibilidade con respecto da natureza. Analizamos as súas creacións.
Páx. 22
Trala catástrofe do Prestige, vivimos un auxe do movemento social, no seo dunha cidadanía unida pola terra e polo benestar do país. Neste senso, nace "NUNCA MÁIS", unha plataforma cidadá que reflexa o emerxemento da dignidade dun país.
Páx. 35-36
Como unha forma de rebeldía e autoxestión das reivindicacións, o teatro Rosalía coverteuse na escea dunha gala cargada de posicionamento social ante o Prestige e a xestión das problemáticas que este trouxo consigo. O chapapote cubriu o escenario de principio á fin.