Páx. 46
Anxo Moure realiza unha pequena adaptación dun texto orixinal de Paula Carballeira, convertido a modo de pequeno conto.
CERNA Nº 49 - Especial: xestión do lixo
Páx. 38-39
Temos na Galiza especie única, que só existe nesta parte do mundo; un endemismo, que diría unha ecóloga. Este ten a peculiaridade de habitar nas persoas, establecendo con elas o que chamaríamos: relación simbiótica: precísanse entre si apra existiren, malia que non na mesma medida, xa que este organismo non é quen de vivir sen os humanos, mentres que estes si poden sobrevivir sen o seu hóspede, substituíndoo por outro de características semellantes. O endemismo atópase en perigo de extinción e é labor da poboación mantelo vivo, a través da fala.
Páx. 28-29
Emapic é un proxecto asociado ao Laboratorio CartoLab da Universidade da Coruña que permite xestionar información ou opinión distribuída sobre un mapa, de forma sinxela e inmediata. As súas funcionalidades van máis alá dunha ferramenta en código aberto para a creación de enquisas online, pois é unha aplicación de representación cartográfica de datos xerados en procesos colaborativos de participación cidadá. Calquera tipo de dato facilitado por participantes vía navegadores web ou móbil pode ser rexistrado para ser de utilidade en calquera ámbito de análise, investigación e xestión urbana ou territorial.
Páx. 31-32
Neste artigo un membro do movemento ecoloxista da Limia narra en primeira persoa a beleza singular e os seus pareceres sobre as Veigas da Limia.
Páx. 40
As actividades propostas a continuación abranguen dende xornadas contra o encoro en Caldas, e contra a desertización, análisis de proxectos de circunvalación da nacional 525 en Silleda que ameazan a mellor carballeira da zona, ata unha asamblea de grupos ecoloxistas e naturalistas de Galiza.