Páx. 45-46
Ocuparémonos nesta entrega e nalgunha das vindeiras, dunha figura pontevedresa algo esquecida pola nosa literatura: Xerardo Álvarez Limeses. Na súa obra, observamos un concurso e xornalismo literario, unidos a un fiel compromiso co país, tinguido dun aire modernista e católico. Mais tamén achamos moita sensibilidade con respecto da natureza. Analizamos as súas creacións.
Páx. 22
Trala catástrofe do Prestige, vivimos un auxe do movemento social, no seo dunha cidadanía unida pola terra e polo benestar do país. Neste senso, nace "NUNCA MÁIS", unha plataforma cidadá que reflexa o emerxemento da dignidade dun país.
Páx. 35-36
Como unha forma de rebeldía e autoxestión das reivindicacións, o teatro Rosalía coverteuse na escea dunha gala cargada de posicionamento social ante o Prestige e a xestión das problemáticas que este trouxo consigo. O chapapote cubriu o escenario de principio á fin.
Páx. 37
A Coordinadora galega pola paz, constituída por máis de 30 organizacións da sociedade civil galega, entre elas ADEGA, fixo pública a súa oposición radical á barbarie que supuña a invasión militar de Iraq e promoveu as multitudinarias mobilizacións que tiveron lugar en Galiza, ao igual que noutras partes do mundo, os pasados días 15 de Febreiro, 15 de Marzo e 6 de Abril, así como numerosas mobilizacións en vilas e cidades de Galiza convocadas pOlas distintas coordinadoras comarcais.
Páx. 40
Neste artigo analízanse algunhas das causas que levan a rexeitar a invasión de Iraq. O petróleo barato estaba detrás, abofé, da agresividade estadounidense pois existían outros camiños para resolver os problemas: unha ampliación da misión dos inspectores da ONU , tería garantido de forma sobrada que as tensións bélicas e as ameazas, non reaparecerían co Iraque como epicentro.
Páx. 18
ADEGA ven de publicar no nº 8 da serie "ADEGA - Cadernos" a monografía "ECONOMÍA E MEDIO AMBIENTE", da que son autores María Xosé Vázquez Rodríguez e Xavier Labandeira Villot, ambos profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Segundo os autores, "as bases da economía ambiental descansan na importancia de analizar as causas e as implicacións económicas da degradación ambiental, e a necesidade de deseñar incentivos económicos para frear este proceso, baixo a premisa de que o medio ambiente e a economía non se poden contemplar separadamente, pois cambios nun deles afectan inexorablemente ao outro.