CERNA Nº 67 - O lume: dono dun monte desleixado
Páx. 40-42
Cando pensamos no monte, nos seus recursos e, polo tanto, nas posibilidades de desenvolvemento que lle pode proporcionar aos seus propietarios, adoitamos centrarnos case exclusivamente naqueles que teñen que ver con aspectos vinculados ao carácter produtivo máis clásico e, deste xeito, cos recursos forestais (principalmente os derivados da madeira), pasando por alto moitas veces a posibilidade de aproveitar outros recursos que nos achegan un interese ambiental, social ou produtivo que deberíamos de ter en conta, como poden ser os recursos hidrolóxicos, enerxéticos, culturais, turísticos, etc. Precisamente ligado ao monte, dunha forma significativa, atopamos un amplo e diverso patrimonio cultural que, en moitos casos, indican xa de por si os diferentes usos que se lle deu e, polo tanto, os valores e recursos que contén ou contivo e que é capaz de xerar, entre outros posíbeis.
CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas
Páx. 32-33
Tras a vaga de incendios de 2006, na que o lume arrasou co 100% dos montes de Viladesuso (Oia), os comuneiros e comuneiras deciden renovar o Plan de ordenación forestal, para evitar o brote desaforado das xestas e dos eucaliptos. Sen desprezar a produción forestal, abordáronse outras vías de explotación sostíbel do monte entre as que destaca a declaración das Sobreiras do Faro como Espazo Privado de Interese Natural (EPIN).