Páx. 54 - 56
As mulleres do rural son frecuentemente proletarias, xestoras e usuarias dos nosos recursos naturais. Ademais, levan a casa, sosteñen unha familia, educan aos fillos e fillas, ocúpanse do coidado da horta ou da explotación, traballan a miúdo profesionalmente fóra da casa e son maioría no asociacionismo rural. Pese ao seu papel fundamental, as mulleres do rural atópanse nunha situación desfavorecedora no acceso á información, á capacidade de decisión e a súa implicación na vida pública.ADEGA elaborou en colaboración co Servizo Galego de Igualdade unha proposta didáctica que pretende, por unha banda, achegar a poboación rural á defensa do medio ambiente, partindo dunha base de diálogo e aproximación mutua. Por outro lado perséguese apoiar o infravalorado papel das mulleres nese contexto, fomentando a súa activación, implicación e autoorganización.
Páx. 60 - 61
Todos os obxectos que nos rodean foron deseñados por alguén. O deseño pode ser bo ou mao, gustarnos ou non, e por suposto tamén pode ser máis ou menos respectuoso co medio. Como en calquera outra actividade económica, ao deseño ecolóxico pódese chagar por convición ou por intereses comerciais. Para recoñecelos e non ser enganados apuntamos aquí algunhas ideas sobre os aspectos que deben seguir os obxectos deseñados con criterios de sustentabilidade.
Páx. 36 - 37
Tras a vaga de lumes de 2006, xurdiu un movemento social de voluntarismo e solidariedade co fin de encamiñar accións de axuda para superar, en parte, os problemas derivados da crise incendiaria. Constituíuse así o chamado “Voluntariado en Defensa do Monte Galego”. Nun primeiro momento, coordinado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, chegou a consolidarse no panorama galego da man da Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta de Galiza e coa colaboración da Consellaría de Medio Rural. Para esta reportaxe acompañamos a xornada de traballo dun grupo de voluntarios/as en terras do alto Ulla.
Páx. 53
Amigos da terra, unha entidade que ten como obxectivo a protección do medio ambiente, para lograr a toma de conciencia das persoas a entidade entendeu que era fundamenta a educación ambiental e así creouse o Centro de A educación Ambiental As Corcerizas, un equipamento para divulgar información e proporcionar experiencias directas e persoais.
CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade
Páx. 54 - 55
Por segundo ano consecutivo tivo lugar o Campamento de Volunatiado Ambiental do río Tea organizado polo Proxecto Ríos ao abeiro das axudas do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariña. A actividade tivo unha grande acollida e nela participaron unhas 90 persoas. Desenvolveuse durante as tres últimas fins de semana de outubro.
CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza
Páx. 24 - 25
Durante o 2008, 50 domicilios de Santiago de Compostela participaron no programa de educación ambiental Fogares verdes. Este programa de acompañamento que dá continuidade aos proxectos de compostaxe caseira vén demostrar que cunhas doses de reflexión, outro pouco de vontade e algúns cambios de hábitos pódese aforrar auga e enerxía no día a día, no noso fogar. A experiencia desenvolveuse tamén nos concellos de Porriño e Ames.