Revista CERNA

Artigos de Conservación e biodiversidade. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Especies invasoras en Galiza

Antonio Gigirey Suárez

CERNA Nº 40 - Especies invasoras

Páx. 38-39

A abertura de cada vez maior número de fronteiras ao mercado así como a explotación dunha maior diversidade de recursos son reflexo da frenética actividade comercial que caracteriza á sociedade actual de consumo. Este proceso "globalizador", aparte dos riscos que pode ocasionar á estabilidade da poboación mundial, é o responsable de importantes alteracións no medio natural entre as cales está a perda de biodiversidade como consecuencia da introdución de especies invasoras.

Manifesto científico: por outra política ambiental

Pedro de Llano, Eduardo García - Rodeja, Javier Guitián, Augusto Pérez, Victoriano Urgorri

CERNA Nº 43 - -

Páx. 21

Desde diferentes campos de estudo e especialización, cinco catedráticos das Universidades Galegas coinciden nunha diagnose pesimista da situación ambiental de Galiza, e reclaman unha actuación sobre a totalidade da nosa comunidade autónoma que ordene a actividade urbanística, a política de industrialización e dotación de servizos, e defina criterios para a correcta protección do medio natural.

Salmón

Martiño Nercellas, Xabier Vázquez

CERNA Nº 42 - -

Páx. 17-18

ADEGA presentou un escrito á Consellería de Medio Ambiente solicitando que clarifique a situación anómala que se está a dar coa concesión irregular de permisos de pesca do salmón nos Coutos de Sinde, Couso e Ximonde, no río Ulla. Ademais, denunciou a situación na que se atopa a presa de Sinde, actualmente pechada, que pon en entredito o Plano de Recuperación dos Ríos e do Salmón Atlántico.

Trambolosríos

Xosé Ramón Reigada

CERNA Nº 42 - -

Páx. 21-23

O espazo natural de Trambolosríos está situado nos montes da localidade de Castrelo de Abaixo, no Concello de Riós, e fai límite ao leste co Parque Natural Portugués de Montezinho. A imponente paraxe xérase pola xuntanza das axitadas augas dos ríos Mente e Arzoá nunha zona de pronunciadas ladeiras soalleiras nas que se atopan cortados fluviais de lousas e xistos. É unha das zonas máis meridionais de Galiza, cunha climatoloxía mediterránea de montaña, traducíndose todo isto nunha chea de ecosistemas moi importantes desde o punto de vista paisaxístico e ecolóxico.

Recuperar a lagoa de Louro

Amanda del Río Murillo, Vanesa Sánchez Ortega

CERNA Nº 42 - -

Páx. 32-33

O monte e a Lagoa de Louro (ou Xalfas) forman un espazo natural de singular valor localizado no Concello de Muros. Este Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) está integrado na Rede Natura 2000, unha rede de espazos para a conservación dos hábitats e especies máis relevantes da UE.

As fragas residuais ferrolás

Antón Fortuna

CERNA Nº 44 - Ríos: non máis encoros

Páx. 21-23

Aínda que Ferrol é unha das localidades máis eucaliptizadas do País, existen porén masas residuais dispersas de bosque atlántico en estado seminatural, predominando os carballos, os castiñeiros, os bidueiros e nalgún caso os acivros. Localízanse nas parroquias ferrolás de Serantes (Fraga de Menáncaro), de Leixa (Fragas da Pega e da Casa do Monte), da Graña (Fraga do Monte Fontelo) e de Covas (Acivreiral das Forzas). Cunha superficie reducida, contribúen a conservar a biodiversidade local e un anaco da paisaxe orixinal, nun municipio fortemente antropizado e cunha nesfasta xestión do territorio. Evitar o seu deterioramento e impedir que os intereses particulares nos priven destes bens comúns requere que o Concello de Ferrol decrete urxentemente a súa protección. Neste artigo apresentamos unha descrición das fragas residuais ferrolás e dos problemas que afectan á súa conservación, xunto coas actuacións de ADEGA-Trasancos para protexelos.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal