Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 63 - Galiza:...

Outono 2010

CERNA Nº 63 - Galiza: Territorio agredido

Artigos da revista CERNA Nº 63

A micofobia en Galiza. O choupín

Cristovo Ruiz Leivas

Páx. 39 - 40

Na Galiza os cogomelos son abundantes debido a climatoloxía o que supuxo en épocas pasadas que existise alto coñecemento sobre os mesmos, foi a Igrexa a que eliminou da cultura escrita todas as referencias a estas especies ao consideralas diabólicas. Inda así hai una certa recuperación dos restos orais que quedaron en certas rexións do pais como pode ser a comarca de Valdeorras, e que permiten observacións tan importantes como que aqueles cogomelos cuxo nome local comeza por PAN- son comestibles.

Os soutos e a micorrización

Esteban Sinde Stompel

Páx. 41

A tinta foi unha enfermidade que asolou case tódolos soutos galegos, pero o avance biolóxico permitiu mediante o cruce das especies de castiñeiro autóctono co Xaponés crear un hibrido coa calidade en tamaño e produción de castaña do galego e a resistencia ao fungo phytophtora cinamoni, este híbrido permite obter unha alta produción de castaña, o que sumado a micorrización, que permite a produción de cogomelos de calidade e mellora a saúde da planta ao favorecer a captura de auga entre outros beneficios, permite ter explotacións de soutos que son máis rendibles economicamente incluso cas de eucaliptos.

CEIDA: 10 anos de educación ambiental

Ana Belén Pardo, Natalia Neira, Verónica Pajón

Páx. 42 - 43

O CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental, é o centro de referencia en educación ambiental de Galiza. Osseus 10 anos de traxectoria son testemuña do traballo da entidade por acadar o seu obxectivo principal: promover a sensibilizacióne capacitación para resolver os problemas socioambientais da sociedade galega.

A pezoña pintada

Xosé Salvadores

Páx. 44

A píntega é un anfibio que na cultura popular galega se identificou sempre con un ser maléfico capaz de causar enfermidades so co seu alento ou co seu paso por un lugar, máis lonxe da realidade, pois esta especie apenas nos pode causar a irritación da pel se a manipulamos, debido a unha secreción cutánea que é a súa única defensa.

O marmeleiro

Mª Xosé Castro e Gemma Pérez

Páx. 45

O marmeleiro é unha árbore de tamaño medio que proporciona un froito doce unha vez cociñado, esta árbore medra en zonas de veráns calorosos e invernos longos, e dicir, ten boa cabida nas zonas onde proliferan as vides, extensas areas no sur do noso país. Esta árbore foi adorada por outras culturas do mediterráneo, inda que a súa orixe é asiática.

Acabouse o carbón

Xan Carlos Fernández

Páx. 46

A produción de carbón vexetal foi unha actividade importante na Serra do Xurés, máis co paso do tempo, a emigración das persoas locais, a desaparición dos grandes consumidores deste recurso que eran os ferreiros e a asombrosa extensión das plantación de árbores de crecemento rápido que reduciron as superficie de uceiras considerablemente, acabaron con esta actividade tradicional nesta zona do sur de Galiza.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal