Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 30 - -
Páx. 12-13
A cerdeira brava, prunus avium, é unha árbore de talla media a grande, xa que acada os 25 m. Xunto coa nogueira e o castiñeiro, forma o trío das frondosas autóctonas caducifolias das que se obteñen produccións de maior calidade e valoración no mercado. Ó igual ca elas, ten posibilidade de aproveitamento mixto o froito e madeira.
Páx. 14-16
A política de conservación da natureza na Galiza estivo até hoxe marcada pola precariedade. O número de lugares protexidos foi sempre moi escaso desde que se plantexou unha política de conservación por parte das institucións públicas nos anos 70. A título de exemplo, a comezos da década dos anos 90 Galiza tiña protexido menos do 1% do seu territorio.
Páx. 17
A Asociación para a Defensa do Ecoloxismo de Galiza (ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) denunciaron publicamente a falta dunha auténtica política de conservación dos espazos naturais. A proposta de espazos galegos para a Rede Natura 2000 é un documento que non garante por si só a protección dos espazos incluídos nela e que está a ser utilizada pola Consellería de Medio Ambiente de xeito propagandístico e hipócrita, sobrevalorando a súa trascendencia para ocultar a escaseza de actuacións en materia de espazos naturais.
Páx. 18-21
O tramo comprendido entre o Faro de Mera e o porto de Lorbé, abrangue as parroquias de Serantes e Dexo, localizadas no concello coruñés de Oleiros, producindo unha intrusión, entre as rías de A Coruña e Ares - Betanzos, no denominado Golfo Ártabro.
Páx. 23-25
Probablemente unha das mais relevantes novidades producidas ultimamente en Galiza no campo do meio ambiente é a posible declaración das illas atlánticas como "Parque Nacional". Ainda que semella que nun principio as illas a incluir no devandito parque eran as Cíes, Ons e Onza, Lobeiras e Sisargas, parece que finalmente ficou desvotada a inclusión desta última. Con este artigo pretendemos facer unha primeira avaliación do interese biolóxico que encerran estas illas no que se refire á súa flora e vexetación.
Páx. 27-29
Pareceu-nos en CERNA que tiñamos que nos sumar este ano 2000, como tantas outras entidades, á conmemoración do cincuenta cabodano da morte no exílio de Daniel Rodríguez Castelao e decidimos adicar-lle várias entregas desta sección. Pretendemos, amén de contribuír a divulgar o coñecimento da súa figura, deixar patente como a dimensión ecoloxista e a ollada amante sobre a natureza tamén estiveron presentes na vida e na obra deste persoeiro tan decisivo e exemplar na nosa história contemporánea.