Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS
Páx. 7
A combustión do carbón, non afecta só ás fachadas e aos interiores das casas próximas ao porto, tornando ás mesmas ennegrecidas. Os pulmóns e a saúde humana e animal tamén se ve contrariada. Analizamos estes feitos no seguinte artigo.
Páx. 8
O colonialismo visíbel mutílate sen disimulo: prohíbeche dicir, prohíbeche facer, prohíbeche ser. O colonialismo invisíbel, en cambio, convéncete de que o servizo é o teu destino e a impotencia a túa natureza: convéncete de que non se pode dicir, non se pode facer, non se pode ser.Eduardo Galeano.
Páx. 9
A globalización do mercado pretende a extensión dun modelo de consumo baseado na explotación do medio e das persoas, é necesario desenmascarar estas redes e crear e apoiar outras novas que reduzan o consumo nos países desenvolvidos e fomenten un verdadeiro desenrolo sustentable que impida aos países ricos vivir con máis do que poden consumir.
Páx. 11-12
Logo de 11 anos de dilixencias previas, o pasado 5 de Novembro celebrouse na audiencia provincial de Pontevedra o agardado xuízo contra celulosas, acusada pola defensa da ría (APDR) de Pontevedra e polo ministerio fiscal de "delito ecolóxico continuado" polos seus vertidos á ría e as súas emisións atmosféricas. O que semellaba había de ser un xuízo longo, quedou sorpresivamente "listo para sentencia" , ás poucas horas de comezar a vista oral.
Páx. 17-60
Este dosier fai unha recompilación de artigos que analizan a catástrofe do Prestige desde diversos eidos. Constitúe un retrato da realidade máis próxima ao meirande desastre ecolóxico de Galiza.
Páx. 14-16
Despois do grave accidente de Chernobil, a maioría dos países europeos suspenderon os seus programas de instalación de centrais nucleares, asustados das consecuencias do accidente nuclear apuráronse á establecer moratorias nucleares indefinidas e mesmo algúns como Alemaña fixaron a data para pechar e desmantelar as nucleares que estaban funcionando. Todo apuntaba a que tamén no estado espàñol os proxectos nucleares quedaban xa zanxados e que a alternativa nuclear estaría aparcada indefinidamente.