Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 46 - Especial: A...

Outono 2005

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Ler

Artigos da revista CERNA Nº 46

Proxecto Ríos

Virginia Rodríguez

Páx. 21

O día 25 de Novembro de 2005 tivo lugar no concello de Ames o primeiro encontro de voluntariado do Proxecto Ríos, contando coa asistencia dunhas 50 voluntarias. Neste encontro, tivo lugar un marco de debate arredor da presenza de personalidades da vida política -tales coma Jorge Antonio Santiso, Secretario Xeral de Medio Ambiente ou Carlos Fernandez ex-concelleiro de medio ambiente- así coma outras vencelladas ao mundo académico -coma o profesor de Educación Ambiental da USC, Pablo Ángel Meira Cartea. Tras este encontro, o Proxecto Ríos continúa coa súa campaña de Primavera, entrando no seu segundo ano de andaina.

Nova política hidroeléctrica

Xan Louzao

Páx. 22-23

O pasado mes de Novembro a Consellería de Medio Ambiente, anunciou unha serie de medidas relacionadas cos aproveitamentos hidroeléctricos. Nestas medidas atopamos cuestións coma a derrogación do Plano Sectorial Hidroeléctrico, a suspensión - mentres non se revise ese Plano- de 46 minicentrais concedidas polo anterior goberno e a negociación coas empresas propietarias de aproveitamentos xa concedidos pero aínda sen iniciar as obras, para poder chegar a acordos puntuais con elas co fin de rescatar estas concesións.

Ribeiras do Sil e Serra da Enciña da Lastra

Xurxo Mouriño

Páx. 24-26

Na extrema administrativa da Galiza, na comarca de Valdeorras, encontramos un dos espazos naturais máis singulares, descoñecidos e espectaculares do país: a serra da Enciña da Lastra. Declarada recentemente como Parque Natural (2002), podería ser contemplada como a continuación cara o sureste das serras do Courel e do Piornal, vindo a morrer no Sil. O río desta serra, polo que a paisaxe actual presenta numerosas paredes de calcarias de decenas ou mesmo centenas de metros de precipicio, así como a máis ampla e espectacular rede cárstica de covas ou simas de Galiza, coñecidas coma "palas" na localidade. Aínda que pareza incríbel, estas rochas, creadas a partir de depósitos de estruturas calcarias de organismos mariños, proceden de fondos oceánicos da época Paleozoica, cando o mar cubría estas terras; aínda hoxe é posíbel localizar fósiles destes animais.

A pegada ecolóxica de Galiza

Federico Martín Palmero

Páx. 27-30

Entendemos por pegada ecolóxica " a área de territorio produtivo necesaria para obter os recursos empregados e para asimilar os residuos producidos por unha poboación definida, cun nivel de vida específico, onde queira que se atope esa área". Neste marco, analizamos a situación de Galiza en relación a outras áreas e países do globo, ao tempo que se fai fincapé nos elementos e compoñentes máis salientables á hora de afondar neste cálculo.

Para que serve a pegada ecolóxica?

Xavier Simón Fernández

Páx. 31-34

A escala global, os cálculos establecidos sérvennos para mostrar a dependencia que as actividades económicas teñen dos servizos da natureza e para avaliar a dependencia humana da bioprodutividade global dos ecosistemas. A apropiación dos ecosistemas suministra os elementos fundamentais para a vida humana: alimento, fibra, enerxía, materiais e auga, espazo de construción, entre outros moitos. Malia iren mudando e mellorando, os rendementos de apropiación, segundo os cambios na tecnoloxía, os ecosistemas non poden ser substituídos por tecnosistemas e os índices de productividade/absorción non poden aumentar indefinidamente.

Produción certificada na Galiza

Xan Pouliquen

Páx. 35-37

No número anterior achegamos unha visión global da situación da producción agro-ecolóxica certificada no noso país. Nesta nova entrega, imos deternos algo máis en cada unha das grandes actividades.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal