Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 48 - Touriñán
Páx. 27
Estes días estamos á escoitar diferentes opinións acerca da planta de cría de rodaballo que Pescanova pensaba instalar en terreos da Rede Natura no Cabo Touriñán. Segundo confesan os veciños, vendéronlle as terras a 1 euro/metro cadrado (350.000 metros cadrados) coa esperanza de teren traballo na planta. As declaracións dunha das veciñas de Touriñán abraioume especialmente: "Nós nin sabiamos que isto era Rede Natura. O que nós queremos é que os nosos fillos non teñan que emigrar como fixeron tantos outros"
Páx. 28-29
Sabías que eses eucaliptos que se plantan en solos degradados pola utilización de maquinaria pesada que altera os seus horizontes acelerando a erosión teñen unha certificación "ecolóxica"? Sabías que esas extensas plantacións nas que a vexetación acompañante foi eliminada coa aplicación masiva de herbicidas son o paradigma declarado de sustentabilidade ambiental? Sabías que a empresa que derrubou o prezo do eucalipto ate rozar os 10 euros por tonelada, é na que máis do 80% do emprego é da peor precariedade, é modelo de sustentabilidade social? Non é broma, estamos á falar de NOR-FOR,a filial forestal de ENCE, ambas posúen certificación FSC.
Páx. 30-32
Antón Masa, presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) interviu na lección inaugural da Asemblea Xeral de ADEGA para facer unha revisión histórica deste movemento ecoloxista desde a súa aparición tras o levantamento do complexo ENCE na cidade do Lérez ata a actualidade. Definiu o nacamento de APDR, coma a resposta ao fin dos prexuízos ambientais que se derivaron desde a instalación do complexo.
Páx. 32-33
Galiza, Uruguai e Arxentina. Tres países que se atopan irreversibelmente irmanados á consecuencia da penosa marcha do capitalismo internacional: colonialismo, mercantilismo, guerras mundiais, "capitalismo andoriña", imperialismo, etc. Isto fixo que ao longo dos últimos anos as consecuencias da globalización trouxera novas formad e degradación e explotación para os nosos pobos. No marco da mundialización da economía e da rápida expansión dos capitais transnacionais comezara a construirse unha das maiores fábricas de celulosa do mundo. Esta ten á súa orixe na Galiza, nas rías de Pontevedra. Falamos da contaminación do noso, falamos de ENCE.
Páx. 34-36
Actual Director Xeral de Desenvolvemento Sustentábel, naceu en Vigo no 1961. É doutor en Bioloxía e profesor titular de Ecoloxía na Universidade de Vigo. Foi vicedecano da Facultade de Ciencias do Mar. Como investigador prolífico en augas do Atlántico e da Antártida, ten publicado 80 traballos en revistas de recoñecido prestixio internacional. Na actualidade é membro do Comité Español de Investigación do Cambio Global (Ministerio de Educación e Ciencia).
Páx. 37-38
O debate sobre a enerxía nuclear xira, como antano, arredor dos riscos para a poboación e o impacto ambiental que estas instalacións ocasionan, ademais da súa pouco clara economía e de contar con problemas irresolúbeis, como o dos residuos radiactivos. Porén, o debate dáse agora nun novo esce nario, marcado polas alarmantes consecuencias do cambio climático. Considerado por algúns como unha inestimábel axuda ao repuntamento nuclear, para outros, o debate da cuestión enerxética debe ser máis amplo e debe tomar en consideración enerxías como a eólica ou a solar. hoxe ca cunha viabilidade constrastada, así como o potencial para o aforro e a eficiencia enerxética.