Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 78 - ILP: Unha...

Inverno 2017

CERNA Nº 78 - ILP: Unha nova lei forestal

Artigos da revista CERNA Nº 78

Recursos 78

Ramsés Pérez

Páx. 4

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

ILP: Unha nova lei para salvar os nosos bosques

Fins Eirexas

Páx. 5-6

A pesar da importancia da superficie de monte en Galiza, por volta dos 2/3 do total do territorio, as políticas sectoriais non conseguiron compatibilizar os aspectos produtivos do monte coa conservación dos hábitats naturais, particularmente dos bosques autóctonos, historicamente degradados e cada día máis diminuídos. Un proceso que acompaña o deterioro de servizos ecosistémicos, tais como a diversidade natural, a dispoñibilidade de auga, a fertilidade do solo, ou a calidade paisaxística. A todo isto súmase a eucaliptización (xa máisde 500.000 ha en 2016 de E. globulus), a introdución dunha nova especie, o E. Nitens, con aptitude para colonizar toda a Galiza interior, o despoboamento rural inducido ou potenciado, a praga recorrente dos incendios forestais, e o desafío do cambio climático. É por isto que desde “Cousa de Raíces” vimos de promover esta Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).

Entrevista a Xosé Alfredo Pereira, presidente da ORGACCMM

Por Fins Eirexas

Páx. 7

Cousa de Raíces reúne a máis de 60 colectivos e entidades nunha campaña en favor da sustentabilidade do monte galego, das nosas árbores autóctonas, e tamén da prevención e erradicación dos incendios forestais. Ao longo dos últimos meses tiveron lugar os preparativos dunha nova iniciativa lexislativa popular (ILP) para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais. Como membro promotor da ILP, conversamos con Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), que forma parte de Cousa de Raíces.

Necesitamos outra política forestal, este Prestige xa abonda!

Ramón Varela Díaz

Páx. 8-9

O 20 de xuño do ano 1989, o autor deste artigo, Ramón Varela Díaz, defendía no Parlamento galego a toma en consideración da primeira Proposición de Lei por Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) da nosa historia. Era a ILP para a “Conservación, Mellora e Desenvolvemento do Patrimonio Forestal”. Xa naquel momento os incendios eran un grave problema, produto dunha errada política forestal que se arrastraba do franquismo, e a eucaliptización un problema ecolóxico, económico e social incipiente. Hoxe está claro que se perdeu en 1989 unha oportunidade histórica e hoxe seguimos coa mesma política e con incendios. Ramón Varela xungue as realidades desa primeira ILP coa desta segunda, 29 anos máis tarde, nun debate de plena actualidade.

Incendios e eucaliptos avanzan xuntos

Ramón Varela Díaz

Os incendios foron constantes e paralelos a un aumento de produción de madeira e serviron para estender o eucalipto en Galicia. A Administración dedica fondos públicos para facernos crer que está combatendo o lume, mais tamén potencia as plantacións de crecemento rápido (eucaliptos e piñeiros) e as situacións que propagan o lume. É un feito o abandono do bosque autóctono, a escasa produción de madeira de calidade das nosas árbores, e tamén a baixa produción de leña, mel, cogomelos, gandería en liberdade... A industria transformadora e derivada da madeira podería ser moi superior á actual e serviría para fixar poboación no medio agro-forestal galego se o modelo forestal mudase. Neste artigo, analizamos tres aspectos do monte galego: o seu potencial madeireiro, o problema dos incendios forestaise o imparable avance do eucalipto.

Casal de São Simão: Reagir fronte a catástrofe

Aníbal Quinta

Páx. 14-15

Uma pequena aldeia no centro de Portugal, assustada pela tragédia de um incêndio que lhe bateu à porta, decide deixar os políticos a falar e programa a criação de uma zona de protecção da aldeia (ZPA) contra incêndios.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal