Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 52 - .
Páx. 39-40
De todos os recursos madeirábeis presentes no monte que son aproveitados comercialmente, preto do 85% corresponden ao piñeiro e ao eucalipto. Isto dá unha idea do enorme sesgo produtivo que existe nos nosos montes a favor das especies pirófitas de baixo valor engadido. Outro factor de distorsión que contribúe a afastar a xestión dos montes galegos da sustentabilidade é a estrutura de propiedade da terra: o 68% pertence a propietarios privados, o 30% son montes veciñais e tan só o 2% son de titularidade pública. ADEGA entende que para reverter a situación de altísima sinistralidade dos montes galegos é preciso atacar estas causas estruturais que favorecen a aparición dos lumes, paralelamente a unha nova ordenación do territorio que fixe a poboación no medio rural, e a promoción de modos de aproveitamento alternativos ao monocultivo de pirófitas.
Páx. 42
Os montes galegos sufriron en 2006 unha agresión ambiental tan grave que tardará moitos anos en recuperarse. O voluntariado en defensa do monte galego nace como resposta pero, tamén, para anticiparse a todas e cada unha destas problemáticas. Leváronse a cabo labores de intendencia e apoio contra o lume, preparáronse as tarefas de reforestación e recuperación ambiental e posuíronse dispositivos de vixilancia. O voluntariado en defensa dos nosos montes estivo coordinado por ADEGA e apoiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade de vicepresidencia da Xunta.
Páx. 44-45
O obxectivo deste proxecto é traballar na escola sobre o territorio, para analizar os incendios forestais e o impacto humano no medio natural. Este proxecto pretende crear unha Rede de Grupos de Traballo que conforme un Observatorio do Territorio, no que se traballa a comunidade escolar, que se forma, informa, e relaciona a través de internet. Ademais a experiencia permite integrar a colaboración de grupos ecoloxistas e sociais. Trala convocatoria de xaneiro de 2007, participaron 40 centros e preto de 100 profesores e grupos de traballo en POLO MONTE.
Páx. 46-47
Alvarella foi unha casa tradicional galega situada nunha finca de aproximadamente 55.000 m², que lle da o seu nome, dedicada fundamentalmente á actividades agrícolas. Co paso do tempo esas labores fóronse abandonando e os propietarios buscaron unha alternativa para a conservación da casa e da finca. Hoxe Alvarella é un albergue turístico rural que desenvolve actividades e programas de educación ambiental.
Páx. 48-49
O transporte de mercadorías e persoas non para de incrementarse no mundo globalizado, cunhas consecuencias cada vez máis perceptíbeis xerando serios problemas ambientais: emisións de gases de efecto invernadoiro, contaminación atmosférica, ruídos… As repercusións inciden sobre o medio e a nosa saúde: problemas de asma, estres e un elevado e crecente número de accidentes mortais. Polo medio e por nós, compre levarnos o planeta polo carreiro da mobilidade sustentábel.