Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 53 - .

Inverno 2007

CERNA Nº 53 - .

Artigos da revista CERNA Nº 53

Entrevista a Rubén Cela Díaz

Belén Rodríguez

Páx. 22 - 23

“O voluntariado en defensa do monte é un proxecto de toda a sociedade galega”, proporciona un bo titular para a entrevista con Rubén Cela Díaz, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade. O voluntariado en xeral, e tamén o ambiental, constitúen un campo novo no goberno, de aí que tanto o Plan Galego de Voluntariado 2006-2010 como a Lei Galega de Acción Voluntaria serán os encargadas de xestionar as liñas de actuación do voluntariado no territorio galego. O que se pretende é fomentar a colaboración en todos os ámbitos e sobre todo no medio ambiente e a través da mocidade como impulsora. Nesta entrevista Rubén Cela dará as claves destes programas.

A enerxía solar en Galiza

Manuel Antonio Fernández Domínguez

Páx. 24 - 25

Hoxe semella máis necesario que nunca impulsar esa transición enerxética (revolución enerxética chámanlle en Cuba) con novas políticas que incidan nos sectores lexislativo, científico, educativo, empresarial; que faciliten os cambios profundos que precisa un novo paradigma de xestión dos recursos enerxéticos. No presente traballo,centrámonos xustamente nas posibilidades e dificultades que enfronta a enerxía solar para o seu desenvolvemento na nosa Comunidade e no conxunto do Estado.

A contaminación do ruído

Euloxio Jiménez Cuesta

Páx. 26 - 28

Cando oímos falar de “contaminación” pensamos, de inmediato, en ríos e praias con refugallos das cidades e das industrias, en vertedoiros e entullos nos campos ou na radioactividade, pero case nunca pensamos nun tipo de contaminación que, aínda que non afecta nin a pureza do ar ou da auga, nin á vexetación, pode repercutir no equilibrio psíquico das persoas e na diminución da súa calidade de vida. Referímonos ao “ruído”, unha contaminación de tipo físico que está provocando enormes problemas na sociedade actual, tanto na industria como na vida cotiá, afectando á perfecta comunicación e ao rendemento no traballo a nivel persoal e colectivo. En determinadas situacións afecta tamén á vida salvaxe.

A conservación da fauna entomolóxica en Galiza

Pedro Álvarez

Páx. 42 - 45

Os insectos e os artrópodos (arañas, crustácesos...) son dos grupos faunísticos máis extensos, polo que o seu estudo é imprescindible. A cantidade de insectos e artrópodos existentes fai que a súa catalogación e conservación sexa complicada, e que cada día se descubran novos tipos sen catalogar. Tan só en Galiza estímase coñecer menos do 10% dos insectos que a poboan. Todo este traballo recae na entomoloxía, e lamentablemente, os medios dos que se dispoñen son moi escasos, o que favorece aínda máis ao descoñecementos destas especies.

Entrevista a Xacobe Meléndrez Fassbender

Belén Rodríguez

Páx. 46 - 48

“Cuestiónome como nos relacionamos entre nós e coa natureza”Xacobe Meléndrez Fassbender naceu en Honduras pero aos dous anos trasladouse á terra paterna, a Galiza, onde reside dende entón e onde se formou como artista e fotógrafo autodidacta e independente. Desde os 17 anos recibiu varios galardóns e recoñecementos, sendo o último concedido o segundo premio no Iº Certame Artístico do Ministerio de Medio Ambiente (2006). A súa obra foi exposta nunha vintena de mostras individuais e noutras tantas colectivas. Xacobe Meléndrez ten predilección pola fotografía ambiental, polo enfrontamento do ser humano co seu contorno e polo retrato dos elementos naturais e artificiais que di utilizar como símbolos para o autorretrato persoal e social. Síntese, sobre todo, un artista comprometido coa natureza.

Representantes dos países lusófonos marcan liñas de traballo

Lorena Martínez

Páx. 50 - 51

A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela foi punto de encontro do 24 ao 27 de setembro para máis de 400 educadores ambientais, intelectuais e representantes do Estado español e de todos os países de lingua portuguesa con motivo da celebración do I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos en Galicia. O congreso foi organizado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galiza), coa colaboración da Universidade da Coruña e de Santiago de Compostela. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostíbel da Xunta de Galiza e a Axencia Española de Cooperación foron os principais promotores do evento.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal