Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 59 - Mar: do...
Páx. 36 - 37
Poucos proxectos ambientais teñen a sorte de poder dicir que posúen 20 anos de andaina, mais aquí temos un exemplo. Fai 20 anos o Grupo de Educación Ambiental LANDRA realizan a posta en marcha da Aula da Natureza de Cotorredondo, proxecto que dura ata hoxe en día. Este centro, situado no Parque da Natureza do Lago Castiñeiras, no Morrazo. A parte de aula didáctica para cativos, o proxecto foi medrando cara outros eidos, como a retirada de monocultivos e posterior repoboamento con especies autóctonas, condicionamento de espazos degradados, posta en valor do patrimonio cultural dentro do parque, e moito máis.
Páx. 38 - 39
O agro tradicional proporcionou alimentos e outros bens necesarios de xeito continuado durante séculos, grazas á sabedoría acumulada xeración tras xeración. Os labregos souberon crear un sistema cíclico e autosuficiente en perfecta harmonía coa natureza. Unha obra de arte cun valor monumental moi pouco valorado e respectado polo “galego sapiens” das últimas décadas, obsesionado forzosamente cara a un produtivismo insustentábel de nefastos efectos secundarios para o medio ambiente, a saúde dos consumidores e do propio agricultor.
Páx. 40
A Cegoña (Ciconia ciconia) é unha ave de todos coñecida sobre todo polo espectacular dos seus niños en sitios altos, como os campanarios das igrexas. Non é unha ave ao uso, en canto a que unha das súas características principais é a incapacidade para cantar, comunicándose mediante sons guturais. A pesar disto segue sendo unha das aves máis elegantes que se coñecen. Pepe Salvadores invítanos a mergullarnos no mundo desta gran ave de gran consideración e respecto, e os problemas que as ameazan de continuo.
Páx. 41
A curiosidade fixo que, hai anos, ao pé dun río, ficara atenta a un arbusto de umbeladas flores brancas. Dubidei, fitei, acheguei a man e esmaguei unha folliña coas xemas dos dedos. O arrecendo forte, que eu achei cuspidiño ao millo torrado, quedaría para sempre e dende aquela vencellado a un nome, “sabugueiro”.
Páx. 42
As touradas nunca foron unha tradición galega de seu, mais nos últimos anos estamos a ver en certas vilas o auxe deste tipo de eventos, destacando as de Sarria, Pontevedra ou A Coruña. A asociación de protección animal ABEIRO, onde Susana Romero é presidenta, a par que ADEGA, forman parte da plataforma Galiza, mellor sen Touradas, que está a realizar unha intensa labor pola prohibición deste tipo de festexos. O apoio cada vez maior da sociedade a esta causa, conscientes do sufrimento do touro, é crucial para conseguir a disolución completa das touradas no noso país. Nesta entrevista daranse as claves para conseguilo.