Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 12-13 - -

Outono-Inverno 1994

CERNA Nº 12-13 - -

Artigos da revista CERNA Nº 12-13

Editorial

Cerna/Redacción

Reflexión sobre a lexitimidade do Banco Mundial e sobre as aportacións "solidarias" de España a outros países, moi inferior ó 0,7% que se soe poñer como mínimo e moitas veces enmascarando préstamos e fondos adicados a armamento.

Sumario

Cerna/Redacción

Páx. 1

Guía de contidos deste número da revista.

ACTUALIDADE: Médicos contra a incineración

Páx. 2

As dioxinas xéranse na combustión do lixo en presenza de compostos de cloro, sexa nas incineradoras ou nos vertedeiros que hoxe están a arder por toda a Galiza. A Xunta non só manifesta unha absoluta despreocupación pola contaminación do ar e dos alimentos que están ó redor destes lixeiros, senón que pretende a instalación dunha macroincineradora para queimar o lixo de toda Galiza. Profesionais da Sanidade Galega pronúncianse contra a incineración.

ACTUALIDADE: É viable en Galicia un plan baseado nos 3 R (Reducción, Reutilización, Reciclaxe)?

Elvira Cienfuegos

Páx. 3

A maioría dos galegos maiores de idade é partidaria de clasificar os residuos no seu domicilio, actitude que contrasta coas iniciativas levadas a cabo pola Administración. Inclúese ademáis un pequeno artigo en referencia á actuación do fiscal-xefe de Pontevedra contra Ence-Elnosa por delito ecolóxico.

ACTUALIDADE: Auga potábel para Lugo xa

Cerna/Redacción

Páx. 4

Análise sobre a contaminación do Miño ó seu paso por Lugo e os problemas que orixina sobre a poboación, especialmente por ser a fonte de auga potable para a mesma.

ACTUALIDADE: Salvemos o Tea

Emilio Ínsua

Páx. 5

Viciños e ecoloxistas esixen o saneamento integral no río. Ademáis inclúese un artigo referido á segunda campaña Coastwatch en Galicia, que se iniciou no ano 87 en Dublín e que xa conta coa participación de 21 países europeos.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal