Revista CERNA

Inicio / ADEGA / Novas / Todas /

ADEGA Nacional

29/07/2022

Goberno español e Xunta póñense a carón de ALTRI e do lobby eucalipteiro, contra a natureza galega

O goberno español dá "vía libre" á asignación de 700 millóns de euros dos fondos Next Generation ao macroproxecto da multinacional pasteira portuguesa en Palas de Rei.

+info

22/07/2022

Indignación nas setes cidades galegas ante a actual vaga de lumes

Miles de persoas concentráronse en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Lugo, Vigo e Ourense exixindo medidas contundentes á Xunta para paliar os efectos deste desastre ecolóxico e mudar dunha a nefasta política forestal.

+info

20/07/2022

Preto dun milleiro de persoas berran LUMES NUNCA MÁIS, en Ourense e Lugo

Centos de persoas e varios colectivos sociais secundaron as concentracións convocadas por ADEGA en apoio á veciñanza afectada pola actual vaga de incendios.

+info

19/07/2022

ADEGA convoca concentracións para denunciar a catástrofe ecolóxica e social derivada dos incendios nas xoias naturais de Galiza

Os actos terán lugar en Lugo e Ourense, en apoio á veciñanaza afectada e para a denuncia da perda dos máis valiosos espazos ecolóxicos do noso país ante o mutismo da Consellería de Medio Ambiente e da súa responsable, Ángeles Vázquez Mejuto.

+info

16/07/2022

Centos de polos de gaivota en risco de morte ante o desamparo da Xunta na vaga de calor

ADEGA recibiu nos últimos días varias alertas sobre polos de gaivota dos tellados de vilas e cidades galegas

Nos últimos días ADEGA está a recibir varios avisos por abatementos de crías de gaivotas e outras aves urbanas polos efectos da vaga de calor. Pídelle á Xunta que tome medidas urxentes e que aplique un protocolo de actuación específico.

+info

04/07/2022

O FDXCC recorre varios complexos eólicos que afectan á pita do monte no Bierzo

O FDXC,do que fai parte ADEGA, recorre as autorizacións administrativas do tres complexos eólicos do nó de Villameca (Bierzo) pola súa afección á pita do monte cantábrica.

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal