ADEGA vén de denunciar na Fiscalía ambiental as ofertas de trofeos de lobo aparecidas en varias webs de anuncios e caza. Os prezos oslilan entre os 1000 e os 2800€. A venda de trofeos de lobo, prohibida en Galiza, pode ser causa de delicto penal
A proposición de lei para prohibir o emprego de munición de chumbo en toda Galiza, que arestora tramita o Parlamento Galego, bateu coa radical oposición dos cazadores máis cavernícolas: a Federación Galega de Caza
ADEGA alerta dos danos que están a sofrer os niños da nosa vespa autóctona (Vespa crabro) ao seren confundidos cos da vespa asiática (Vespa velutina). A presenza da vespa galega é un mecanismo de control natural da invasora asiática, coa que compite.
O buraco negro de SOGAMA segue papando inxentes cantidades de cartos públicos. Manter o monstro en marcha, a incineradora e o vertedoiro, consumíu no que vai de ano 468,84 millóns de €. Pola contra, para a compostaxe -prioritaria por lei- só 0,09M€
ADEGA vén de solicitar a denegación dunha explotación cinexética en Montederramo de 212 ha por situarse dentro da área de máxima protección da ZEC Macizo Central e afectar a unha área de cría e presenza de aguia real, en perigo de extinción
As obras das 3 centrais hidroeléctricas que Ferroatlántica constrúe no Xallas están a danar especies e hábitats protexidos. ADEGA insta á Fiscalía a investigar os feitos e a tramitación dunhas instalacións que nunca deberon ser autorizadas...