Revista CERNA

Buscador

Formulario de busca

Reganosa, máis preto do fin

Humberto Fidalgo

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 14-15

Tiveron que transcorrer 9 anos para que o Tribunal Supremo sentenciase de forma definitiva que a planta de regasificación de REGANOSA se instalou de forma ilegal no interior da Ría de Ferrol. A sentenza é inapelábel e rexeita os recursos presentados pola empresa e polo Concello de Mugardos, anulando as modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mugardos que permitiron no ano 2004 a construción da planta de gas.

A débeda ecolóxica de Alcoa

Ramón Varela Díaz

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 17-19

O maior complexo industrial de ALCOA no Estado español está en Lugo, en San Cibrao, sendo a principal industria da provincia e un dos principais motores económicos da mariña lucense. Pero, ao mesmo tempo, durante os últimos 30 anos, este complexo ten adquirido unha débeda ecolóxica co pobo galego que aínda está por saldar, e que imos tratar de explicar neste artigo.

O sangue de Galiza

Luis Díaz Cabanela

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 24-26

Vivimos nunha terra fisterrá, atlántica, europea. A nosa historia foi poboando esta terriña con homes e mulleres de diferentes razas que chegaron en diferentes vagas, até forxar o que hoxe é o pobo galego. Mais, quen era esa xente? De onde viña? A resposta está na xenética de poboacións que está permitindo reconstruír as grandes migracións da humanidade. Neste artigo analizaremos as diferentes vagas de poboación que chegaron a Galiza. Trátase dunha interpretación baseada nos datos publicados sobre os haplogrupos da poboación galega e en datos históricos.

Os ursos da cova de Eirós

Aurora Grandal d’Anglade e X. R. Vidal Romaní

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 27-28

O xacemento paleontolóxico de Eirós, actualmente dentro do perímetro dunha canteira en Triacastela, trátase da primeira urseira galega estudada dun xeito científico pola paleontóloga Aurora Grandal d’Anglade quen, na súa tese de doutoramento (1993), demostrou que o xacemento de urso das covas (Ursus spelaeus) máis occidental de Europa estaba situado en Galiza.

A mobilidade na comarca da Coruña

Amancio Sotillo

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 29-30

A comarca da Coruña adoece de políticas de mobilidade sustentábeis. A plataforma pola mobilidade da Coruña chama a atención sobre este aspecto e a necesidade de impulsar outros modelos de desprazamento na bisbarra e na propia cidade, na cal circulan a diario unha media de 150.000 vehículos motorizados. Outros problemas que se observan son: saturación das vías, contaminación acústica e por emisión de gases de efecto invernadoiro (CO2), problemas de saúde pola contaminación atmosférica, acaparación do espazo urbano polos vehículos en detrimento das persoas, grave afección ao medio ambiente, etc.

Viseu: unha cidad sustentábel

Xan Carlos Fernández

CERNA Nº 68 - Sentenzas incumpridas nas rías galegas

Páx. 31

Propoñemos ás persoas leitoras da revista Cerna unha viaxe ao Centro de Portugal, concretamente á capital do distrito da Beira Alta Interior. A cidade de Viseu foi de novo escollida pola Asociación para a Defensa dos Consumidores (DECO) portugueses como cidade con mellor calidade de vida polo seu planeamento e xestión municipal, a mobilidade e a calidade ambiental da cidade, entre outros valores.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal