Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / A mina de Touro-O Pino, de macrovertedoiro a...

A mina de Touro-O Pino, de macrovertedoiro a megaexplotación mineira

Xan Louzao e Fins Eirexas

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Páx. 20-23

En 1973 comezou a explotación da mina pola empresa Río Tinto, que continuou ate 1986. Abandonada a actividade, os terreos ficaron sen restaurar, contaminando fortemente as augas subterráneas e superficiais, como ten demostrado ADEGA a través de sucesivas analíticas –a última en decembro de 2017- nas últimas tres décadas. A partir de 2000, a mina utilizouse para o depósito de enormes cantidades de residuos, aparecendo entón a contaminación do aire polos fortes cheiros xerados. A esta situación, sumábase hai un ano a solicitude de reapertura da explotación mineira baixo o nome comercial “Cobre San Rafael S.L.”. O novo proxecto, impulsado pola actual concesionaria Explotaciones Gallegas, S.L, xunto coa multinacional chipriota Atalaya Mining, pretende extraer cobre en toda a extensión que ten concedida até o ano 2068, que abarca máis de 2.000 Has (20 km2), partindo o concello de Touro en dous e ocupando tamén parte de O Pino. A oposición veciñal á mina foi medrando segundo se foron coñecendo os pormenores do proxecto nun contexto administrativo pouco transparente. Agora saen á luz informes sectoriais das diferentes consellarías, previos á declaración de impacto ambiental, que aínda reafirman máis a oposición á mina.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal