Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / Influencia dos monocultivos de eucaliptos nos ecosistemas...

Influencia dos monocultivos de eucaliptos nos ecosistemas fluviais

Adolfo Cordero, Alba Martínez e Maruxa Álvarez

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 14-17

A cantidade, estacionalidade e calidade (composición específica) das follas e doutros restos vexetais son os factores máis relevantes nocontrol do funcionamento enerxético dos ríos. Follas de baixa calidade ou difíciles de procesar, como as dos eucaliptos, afectannegativamente as comunidades dos regatos forestais. Un estudo dos usos do solo en 16 regatos afluentes do río Lérez mostra que adiversidade de macroinvertebrados aumenta co tamaño da bacía e do bosque autóctono, o cal está relacionado negativamente coa coberturade eucaliptos. A diversidade e riqueza de macroinvertebrados diminúen a medida que aumenta a superficie de eucaliptos, tal e comopredicía a teoría ecolóxica.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal