Inicio / Números anteriores / Os clarescuros da transición enerxética
CERNA Nº 92 - O Ulla, ameazado
Nun momento histórico no que as consecuencias do cambio climático deixaron de ser unha entelequia para comezar a ser perceptíbeis pola humanidade, a enerxía eólica na Galiza preséntanse como a panacea para conter as emisións de gases de efecto invernadoiro e, simultaneamente, satisfacer as necesidades enerxéticas do sistema de produción e consumo. Fronte a un capital que vende a transición enerxética como un simple cambio nas tecnoloxías de produción eléctrica, na realidade ábrese un escenario máis complexo do que inicialmente se nos está a transmitir.