Inicio / Números anteriores / O papel do patrimonio arqueolóxico na prevención de...
CERNA Nº 92 - O Ulla, ameazado
Galicia conta cunha gran abundancia de xacementos arqueolóxicos espallados pola súa xeografía. Con frecuencia, os xacementos están rodeados ou mesmo cubertos por vexetación, polo que constitúen un complemento esencial do entorno natural e da paisaxe galega. Así mesmo, o patrimonio cultural é un recurso social e económico valioso para as áreas rurais por ser elementos tractores do turismo verde. En definitiva, os xacementos arqueolóxicos forman parte do noso legado cultural, e como tal, debemos preservalos para as xeracións vindeiras.