Inicio / Números anteriores / Unha breve introdución para unha Ecoloxía Queer na Galiza
CERNA Nº 92 - O Ulla, ameazado
A aplicación da perspectiva emerxente das Teorías Queer ao campo do ecoloxismo permítenos cuestionar os valores cisheteropatriarcais que son reproducidos en discursos, prácticas e políticas ecoloxistas, mais tamén ofrecen un novo prisma co que analizar o conxunto da realidade. O cuestionamento da dicotomía natureza-cultura, e a crítica a todas as inercias e dogmas presentes na traxectoria ecoloxista galega, supón un paso necesario para artellar unha alternativa de futuro sostible, xusta, e acadable para o noso país.