Inicio / Números anteriores / Transferencia de produtos farmacéuticos de uso animal ao...
CERNA Nº 92 - O Ulla, ameazado
A intensificación na cría de animais de granxa provocou un incremento na administración de diversos fármacos. Destacan os antibióticos que se usan en grandes cantidades para loitar contra diferentes enfermidades infecciosas. Un dos riscos máis importantes deste uso indiscriminado é a súa incorporación aos solos a través da fertilización con estercos ou xurros, porque os animais excretan ata o 90% da dose administrada. Esta dose pode pasar aos cultivos e augas e favorecer a aparición de bacterias resistentes aos antibióticos. Unha normativa recente (EU 2019/6) restrinxe os usos de antibióticos de forma rutineira, pero aínda queda moito por avanzar neste tema.