Inicio / Números anteriores / A auga é nosa e non da celulosa
CERNA Nº 92 - O Ulla, ameazado
A auga é nosa e non da celulosa. Con esta frase non incidimos no significado de posesión que ten o adxectivo “nosa”. Con ela insistimos en que a auga é un dereito humano universal esencial, e que debe de ser garantida como dereito inalienable e inviolable das persoas, sen estar a expensas do mercado. E estamos a darlle voz ao ecosistema do que formamos parte, incluíndonos nel. Este artigo pretende resumir os impactos que tería a macrocelulosa de Greenfiber nas augas, e tamén analizar por que existe a posibilidade de formular este tipo de actuacións nun río do que depende a vida de tantas especies, tamén a humana.