Inicio / Números anteriores / Horacio García, xeógrafo: “O estudo hidrolóxico de...
CERNA Nº 92 - O Ulla, ameazado
Horacio García é profesor do Departamento de Xeografía da USC e investigador do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (Cispac). Escribiu, canda a outras voces expertas, o informe do Consello da Cultura Galega (CCG) sobre o Proxecto Gama para a implantación dunha macrocelulosa en Palas de Rei. En concreto, é autor do capítulo no que se analizan os seus impactos hidrolóxicos. Detecta, por parte de Greenfiber (Altri e Greenalia), pouca rigorosidade e unha intención de esquivar o trámite ambiental. Nesta entrevista debulla as súas achegas ao informe.