Inicio / Números anteriores / Unha moratoria urxente aos parques eólicos terrestres
CERNA Nº 84 - Eólica mariña, unha alternativa?
Páx. 9-10
As montañas galegas están no punto de mira das grandes empresas eólicas, que pretenden instalar case un cento de novos megaparques, algúns deles en zonas de alto valor ecolóxico e patrimonial. En ausencia dunha normativa galega que rexa a implantación e crecemento ordenado desta enerxía, á vez que defenda os intereses da poboación e atenda á preservación da diversidade natural, estes proxectos supoñen unha ameaza de consecuencias incalculábeis. Ante esta situación, máis de 60 colectivos galegos, entre os que se atopa ADEGA, asinaron o Manifesto “Aldeas con Horizonte”, para solicitar a moratoria aos novos parques e un novo marco regulador para a enerxía eólica en Galiza.