Inicio / Números anteriores / O Coutro da Eirexiña: custodia do territorio nos montes de...
CERNA Nº 81 - Emerxencia climática
Páx. 29-31
O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que abrangue 172,66 hectáreas localizadas no monte comunal de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade, e que ten como finalidade a conservación do bosque autóctono e a promoción dos valores naturais e culturais do monte comunal e da parroquia. O acordo de custodia asinouse entre a Comunidade de Montes de Rebordelo e ADEGA co fin de levar a cabo actividades de educación e voluntariado ambiental e guiar, por parte da entidade ecoloxista, nas prácticas de rexeneración e restauración do bosque autóctono e a posta en valor do patrimonio material e inmaterial da comunidade.