Inicio / O Río Gafos declarado como Espazo Natural de...
03/04/2019
Tras 8 anos de incertidume, por fin a Xunta declara o Río Gafos de Pontevedra como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Esta figura de protección ambiental implicará un plan de investimentos por parte do Concello de Pontevedra para favorecer a conservación do espazo e a recuperación dos seus valores naturais. A Asociación Vaipolorío foi unha das impulsoras desta iniciativa que agora vén de acadar o seu obxectivo.