27/03/2025 [10:00:00] [7.10 MB]
Masiva protesta contra Altri e a mina de Touro-O Pino na Pobra do Caramiñal, por mar e por terra. Unha mobilización histórica que, de novo, Rueda e o PP galego minimizan. A mina de litio de Doade, en Beariz, a piques de saír a exposición pública tras ser seleccionada por Bruxelas como proxecto estratéxico para Europa. Veciñanza da Baixa Limia demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
20/03/2025 [10:00:00] [7.12 MB]
Altri si. A Xunta de Galiza declara compatible co medio ambiente a macrocelulosa de Altri e Greenalia en Palas de Rei. Faino ás portas da gran mobilización contra este proxecto e a mina de Touro-O Pino na Pobra do Caramiñal. Entidades ecoloxistas presentan a Declaración "Por unha Lei de Montes Veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorías sociais". E ademais, O Tribunal Supremo vén de inadmitir os recursos presentados pola Xunta de Galiza e as empresas promotoras contra a paralización cautelar dos proxectos eólicos de Rodeira, Pico Seco e Troitomil. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
13/03/2025 [10:00:00] [7.13 MB]
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza tomba a privatización por parte da Xunta dos procedementos de avaliación ambiental. Máis de 500 barcos de pesca e mexilloeiros percorrerán a Ría de Arousa contra Altri e a Mina de Touro o próximo sábado, 22 de marzo. Os trámites da concesión de augas para as centrais de bombeo na Ruña, en Mazaricos, tamén terían caducado, ao igual que os de Altri. O xacemento arqueolóxico da Roda de Barreiros, na Mariña, atópase nun estado de abandono que ameaza a súa conservación. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
06/03/2025 [10:00:00] [7.13 MB]
ADEGA demanda a Xunta pola desprotección da área afectada pola celulosa de Altri na Infraestrutura Verde de Galiza. E mentres, a Xunta continúa coa súa manobra para eludir centos de alegacións cun requirimento masivo a máis de 800 persoas para que demostren a súa condición de interesadas no expediente do proxecto. Por mar e por terra. A plataforma en Defensa da Ría de Arousa anuncia unha gran mobilización contra Altri e contra a Mina de Touro-O Pino. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
28/02/2025 [10:00:00] [7.10 MB]
A Xunta de Galiza reduce a protección ambiental dos terreos da Ulloa onde Altri quere instalar a súa celulosa. O presidente da Xunta evita dar explicacións e remítese de novo ao traballo do persoal técnico na declaración de impacto ambiental da planta. Veciñanza de Bembrive e Mós presentan 25.000 alegacións contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde. Isto e máis, en Radio Cerna!
21/02/2025 [10:00:00] [7.12 MB]
A Xunta manobra para ampliar a balsa de lodos vermellos de Alcoa a pesar dos riscos medioambientais. Denegada a autorización ambiental ao proxecto da planta de biometano en Coeses, en Lugo. Entregan centos de alegacións contra a instalación dun vertedoiro a ceo aberto en Val do Dubra. O TSXG paraliza cautelarmente un proxecto eólico que ameazaba as bestas de Sabucedo. Isto e máis, en Radio Cerna!