Inicio / ADEGA apremia a Xunta para que resolva a tempo o...
25/02/2019
O vindeiro 10 de abril remata o prazo legal para resolver definitivamente o expediente de declaración da Cova Eirós (Triacastela) como Ben de Interese Cultural. Ante a falta de información e de resposta ás súas consultas, a asociación ecoloxista ADEGA teme que a Xunta deixe vencer o prazo, condenando o xacemento a permanecer polo menos outros dous anos sen a protección como BIC. ADEGA convocou rolda de prensa para manifestar a súa preocupación e anunciar o achado de máis covas dentro do BIC.