Inicio / A biodiversidade nas carballeiras duplica á dos...
10/12/2018
Un novo estudo elaborado por profesores da USC e de ensino secundario vén a confirmar a idea de que existe máis diversidade de plantas e animais nos bosques caducifolios que nas plantacións de eucalipto. A recente investigación comparou a diversidade e abundancia de especies en catro plantacións de eucalipto fronte a catro carballeiras da provincia de Pontevedra. Os resultados conclúen que existe unha diferenza significativa.