Inicio / O inicio do movemento social polo peche das...
03/12/2018
Varias entidades ecoloxistas galegas xúntanse no movemento "Galiza, por un futuro sen carbón" para demandar que se comece a planificar o peche das centrais térmicas emprazadas en Galiza, de Meirama e As Pontes. Este movemento social insta ás adminsitracións galega e estatal a deseñar canto antes unha folla de ruta cara a descarbonización, ineludible e imprescindible, do país ante o reto do cambio climático.