Inicio / Oito plataformas únense para defender a contorna...
29/10/2018
Nace un novo movemento ecoloxista na área de Compostela. Trátase da Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre, composta por oito plataformas que actúan nesa área xeográfica fronte a diferentes proxectos ou plans agresivos co medio, a saúde e a calidade de vida das persoas. Entre eles destacan os vertedoiros de Lesta e Casalonga, a destilaría de Rois, os eólicos de Ordes, as minas de Touro e de Erimsa. Tamén se unen os colectivos na defensa do río Sar e a asociación A Picota-Trazo. A rede intentará facer presión diante das administracións públicas para defender unha ordenación do territorio amable coa sociedade e maiores garantías ambientais.