Inicio / Estudantado compostelán deseña trampas OSV para...
24/10/2018
Catro alumnos do Instituto Politécnico de Santiago de Compostela idean unha trampa para velutinas elaborada con impresora 3D que consegue atrapar só esta especie foránea, deixando libres os demais insectos. Trátase dunha trampa selectiva denominada Open Source Velutina (OSV), de código aberto, que se pode construír desde a casa e cuxo deseño se pode descargar desde a web http://malditohimenoptero.ga, e mesmo se pode modificar.