Inicio / Elnosa despídese da Ría de Pontevedra e APDR...
18/07/2018
Elnosa, a fábrica electroquímica de Ence, situada no complexo industrial de Lourizán, dentro da ría de Pontevedra, despídese da ría. A dirección da empresa vén de anunciar esta despedida a causa da falta de resposta da D.X. de Costas do Estado á súa solicitude de prórroga de actividade en Lourizán. APDR acolle a nova con cautela e di que, de confirmarse a saída de Elnosa o vindeiro 29 de xullo, sería o preludio da marcha de Ence da ría de Pontevedra.