Inicio / Dúas décadas tarde, a UE dá un respiro ás abellas
07/05/2018
Houbo que agardar case 25 anos e a recompilar máis de 1.500 estudos para que a Unión Europea decidise prohibir os pesticidas neonicotinoides, aqueles que provocan problemas neurotóxicos nas abellas, favorecendo a súa desaparición. Dezaseis países membros, incluído o Estado español, votaron a favor da súa prohibición o pasado 27 de abril. A resolución foi acollida con alegría polos colectivos ecoloxistas e abelleiros.