Inicio / A ONU chama a contas a Xunta pola súa falta de...
11/04/2018
Ocultar información ambiental e ser pouco transparentes por parte das administracións públicas implica incumprir o Convenio Aarhus, un convenio internacional que dota de dereitos aos cidadáns para poder acceder a este tipo de información e participar nas decisións relativas a cuestións ambientais. Recentemente, varios colectivos da plataforma Contraminacción conseguiron que a ONU admitise a trámite unha queixa contra a Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galiza por impedir o acceso a información relativa a expedientes administrativo de explotaciońs mineiras. Agora a ONU chama a contas, non só á Xunta de Galiza, senón tamén ao Ministerio de Medio Ambiente, para que expliquen cales foron as razóns que motivaron esa falta de transparencia. Cóntanos os detalles Ana Varela, membro da asociación Petón do Lobo.