Inicio / Ramón Varela: A central térmica das Pontes emite...
02/04/2018
Galiza é unha potencia enerxética, sen embargo a maior produción eléctrica galega procede dunha das industrias menos eficientes e máis contaminantes de Europa: a central térmica das Pontes. O experto en contaminación atmosférica e expresidente de ADEGA, Ramón Varela Díaz, participou nas xornadas sobre Enerxía e Clima da Deputación de Lugo, onde deu conta da importante contribución da industria galega á mudanza climática.