Inicio / Os garranos galaico-portugueses: xenética e arte...
05/03/2018
O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dá conta dun descubrimento que muda o paradigma sobre a arte rupestre en Gailza e Norte de Portugal. Os lumes deixaron á vista a Laxe da Coutada, un petróglifo do concello das Neves no que o protagonista indiscutible é o cabalo, no canto do cervo. Este novo achado refrenda a idea de que os equinos son a figura máis gravada nos petróglifos do sur da provincia de Pontevedra e do Norte de Portugal, ademais de dotar a este animal dunha maior relevancia histórica e cultural. O IEM tamén está a estudar, a través do proxecto Equus, a xenética dos garranos para descubrir a súa orixe, xa que hoxendía poderían ser os únicos equinos salvaxes do mundo.