Inicio / Baleas azuis, de novo nas costas galegas
02/10/2017
No pasado mes rexistráronse ata 4 avistamentos de balea azul nas costas galegas. Un feito histórico que suxire dúbidas sobre o achegamento do animal máis grande do mundo ao noso litoral. Alfredo López, biólogo da CEMMA e un dos avistadores de balea azul, explícanos por que se produce este achegamento e en que estado de conservación se atopa a especie hoxe en día.