Inicio / Razóns para opoñerse á nova Lei de protección dos...
12/06/2017
En poucas semanas está previsto que se aprobe a nova Lei de Protección e Benestar dos Animais Domésticos proposta pola Xunta de Galiza. Porén, unhas 30 organizacións e protectoras de animais sen ánimo de lucro fan un chamado de urxencia para que se evite a aprobación da nova lei. Consideran que esta nova normativa só procura o lucro económico da problemática do abandono de cans e gatos, unha das principais formas de maltrato animal, e privar o labor que agora realizan sen ánimo de lucro centos de protectoras en todo o país. Alén disto, critican que este proxecto de lei supoña un retroceso na regulamentación dos dereitos dos animais abandonados e na súa protección.