Inicio / Os gandeiros de Ordes alegan contra as novas...
24/04/2017
Unhas 200 explotacións agrogandeiras da comarca da Ordes séntense ameazadas polos novos proxectos mineiros que a empresa Erimsa prevé desenvolver na bisbarra. O Sindicato Labrego Galego advirte que están en xogo uns 400 postos de traballo directos e alerta do avanzado que está o proxecto "Xanceda" que afectaría a 781 Ha de terreo e a importantes granxas, incluso de carácter ecolóxico.