Inicio / Ramón Varela e os 40 anos de ecoloxismo de ADEGA
15/02/2017
Neste espazo facemos un repaso á historia dos primeiros anos do ecoloxismo galego da man de ADEGA e de Ramón Varela, expresidente do colectivo, doutor en bioloxía e experto en contaminación atmosférica. Varela recibiu o premio Osíxeno de Honra 2016 pola súa traxectoria a prol da defensa ambiental de Galiza. Con el, retrotraémonos aos fitos ambientais dos anos 80 e 90.