Inicio / A avespa autóctona, prexudicada pola loita contra...
19/10/2015
ADEGA chama a atención sobre os danos colaterais que está a sufrir a avespa común e europea (crabro) por mor da loita contra a invasión da avespa asiática. O colectivo denuncia que moitas accións de eliminación de niños están a actuar contra niños de avespa autóctona ante o descoñecemento polo persoal executor das diferenzas coa avespa velutina. Demanda que se informe á cidadanía e a todo os axentes implicados na eliminación de niños para que a identificación da avespa invasora sexa correcta.