Inicio / Estratexias para recuperar terras de cultivo...
13/07/2015
O abandono e perda das terras de cultivo ou da superficie agraria útil en Galiza é un problema cada vez máis acuciante. No último seminario de verán da USC sobre medio rural debatéronse as distintas formas que existen hoxe en día de recuperar terras agrarias para a produción sen alterar a titularidade dos terreos. Hoxe coñecemos algunhas destas extratexias co membro do Laboratorio do Territorio da USC, Eduardo Corbelle.