Inicio / Mariñapatrimonio, un modelo na defensa do...
28/01/2015
Mariñapatrimonio fixo un repaso da súa historia e dos pasos que deu nos últimos anos para defender moitos dos elementos patrimoniais desta comarca litoral da provincia de Lugo. A súa experiencia é un exemplo de como a sociedade civil se pode especializar na posta en valor dos bens culturais e ambientais comúns. O colectivo participou no I Encontro "Mobilización social en defensa do Patrimonio" celebrado por ADEGA recentemente.